jueves, 23 de enero de 2014




Eu non son nin de aquí nin de alá

Eu son filho do vento
E vivo entre o mar e o ceo
Na eternidade d’un ata logo
É reivindicome na minha realidade concreta
De filho da emigración das anduriñas
Que en branco e negro comeron o pan negro dos cuarenta
E viviron o medo nas raíces da rexa carballeira

Entre temerosas palabras, entre lumes entrecortados
Na incautación da ánima dos paíños
na realidade das voces baixas
sempre na noria da España
anclada na costa da Rocha
na álxebra da cruz o fusil e a sangue azul.

Renego do medo amohecido tallado na
Sombra da intrahistoria con unha machada de silencio
E abrazo o amor na súa biodiversidade de mulheres garridas
E a trompeta de John Coltrane insertada as suas fazulas
Henchidas de violetas de cor esperanza
Que faran florecer na Galiza mil primaveras máis.



Barcelona, 21/12/09

0 comentarios:

Publicar un comentario